VERDUCIDO
Datos de contacto
PRESIDENTE/A Marcos Rey
DIRECCION POSTAL Lugar de cobadaspera,6 Verducido (San Martiño) 36151 pontevedra
DIRECCION CORREO ELECTRONICO cmvmcverducido@gmail.com
REDES SOCIALES/ PAGINAS WEB www.montesverducido.com
SUPERFICIE 539,55 ha
Nº DE COMUNEROS 92
Os montes veciñais de Verducido comezaron a seren recoñecidos a partir da súa primeira clasificación no ano 1981. Posteriormente, acadouse un acordo coa veciña Comunidade de Montes de Santa María de Xeve para o recoñecemento do límite entre parroquias que levou ao monte veciñal á superficie que actualmente se lle recoñece de máis de 542 ha. Unha característica deste monte é o elevado número de enclavados - propiedades particulares no interior do monte - que complican a súa xestión xa que a meirande parte deles atópanse en estado de abandono e constitúen un risco importante para o monte veciñal.
O monte veciñal esconde un importante patrimonio cultural arqueolóxico: o Castro do Gabián, os petroglifos de Fontairiñas e Fragoseiro ou a Mámoa de Outeiro do Home en Covadáspera son os achados atopados mais posiblemente o inventario non estea completo.
O monte veciñal foi xestionado durante moitos anos mediante convenios coa administración forestal e posteriormente, vencidos estes, parcialmente mediante un convenio coa empresa NORFOR, filial forestal de ENCE.
Así, predominan no monte veciñal os eucaliptos que ocupan máis do 47 % da superficie do monte veciñal. A segunda especie en importancia e o piñeiro que ocupa o 31 % do monte. Os rasos son tamén abundantes e vinculados a presenza de gando incontrolado no monte. un 6 % da superficie do monte é ocupada por especies frondosas caducifólias como carballos e castiñeiros.
O Monte veciñal alberga as instalacións deportivas do Pontillón do Castro ao redor das que se construíu un Parque Forestal para disfrute de veciños e visitantes da parroquia.