LEREZ
Datos de contacto
PRESIDENTE/A MARTIN MARTINEZ
DIRECCION POSTAL Rúa Leandro del Río Carnota, 12, 36156 Pontevedra
DIRECCION CORREO ELECTRONICO
marmartinezsilva@gmail.com
SUPERFICIE 87,75ha
Nº DE COMUNEROS 76
A parroquia de Lérez conta cun monte veciñal repartido en varias parcelas coma é o habitual no conxuntos dos montes veciñais do termo municipal de Pontevedra e conta cunha superficie total de 88,25 ha.
Cada unha delas ten un carácter moi marcado e moi diferente as demais. As xunqueiras do Alba ou Xunqueira da Gándara, son obxecto hoxe en día dun convenio co Concello de Pontevedra para a súa xestión tras a declaración de Espazo Natural de Interese Local. Por outra banda, As Xunqueiras do Lérez ou Xunqueira do Cobo constitúen un dos lugares de esparecemento no medio natural máis visitados polos cidadáns. A parcela das Aceñas é un pequeno anaco situado a carón do Lérez e que contrasta coas parcelas anteriores pola súa forte pendente. O monte das Pías e sen dúbida a parcela dunha maior e máis marcada vocación forestal. Repoboada con piñeiro do país, logo da vaga de lumes do 2006 formouse no seu perímetro unha orla de especies frondosas que enriquece a súa vexetación e agarda servir de protección contra futuros episodios de incendios forestais.
Na parcela de das Chans atópanse as Mámoas das Chans que xunto coa fortificación medieval de Cedofeita e os numerosos exemplos do patrimonio etnográfico, especialmente cruceiros, destácanse como valores culturais emerxentes da parroquia que poden contribuír a enriquecer as numerosas visitas á parroquia para coñecer o Mosteiro de Lérez.
No Valado, parcela que limita cos monte veciñais de Santa María de Xeve e Verducido, construíuse un campo de fútbol do que disfrutan os veciños da parroquia.
A parroquia conta tamén cun equipamento para o ocio parroquial que é o Teleclub, totalmente reconstruído no ano 2010 en colaboración co Concello de Pontevedra, no que ten a súa sede a Comunidade de Montes de Lérez.