CASTRO-LAMPAN
Datos de contacto
PRESIDENTE/A Humberto
DIRECCION POSTAL Leirados Nº 21 36154
DIRECCION CORREO ELECTRONICO
SUPERFICIE 17,51ha
Nº DE COMUNEROS 36
Constituída no ano 1987 para a defensa e xestión do Monte veciñal en Man Común de Castro Lampán clasificado como tal por resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de 13 de xaneiro de 1987.
O monte veciñal ten unha superficie de 17,78 ha. reais repartidas nas dúas parcelas clasificadas: Igrexa e Castro. Existe outras pequenas superficies pendentes de clasificación.
O monte foi repoboado con axudas da Unión Europea no ano 1995 principalmente con castiñeiros, carballos e carballos americanos e tamén piñeiros.
Como infraestrutura de ocio, destaca o Campo da Festa situado en terreo comunal preto da Igrexa. A parcela do Monte do Castro, está atravesada polo sendeiro de corto percorrido Entrerrías que chega a cidade de Pontevedra dende Ponte Sampaio e que pasa polos Montes da Fracha, baixa a Cardosa e percorre o Monte Castro Lampán e Xanín. Dende O Corval se accede ao sendeiro polo camiño histórico Camiño Vello de Pontevedra.
A proximidade de patrimonio arqueolóxico notable e o feito de que está atravesado polo sendeiro de corto percorrido ENTRERRÍAS fai del unha zona óptima para o uso recreativo e a práctica de deportes na natureza.