LOURIZAN

Datos de contacto


PRESIDENTE/A  Iván Pérez 


DIRECCION POSTAL  Lourizan Freixeiro n2, 36153, Pontevedra

DIRECCION CORREO ELECTRONICO  comunidadedemontesdelourizan@gmail.com

REDES SOCIALES/ PAGINAS WEB

https://www.facebook.com/profile.php?id=100068598293992



SUPERFICIE 37,26ha

Nº DE COMUNEROS 45



O monte veciñal de Lourizán foi clasificado na data do 24 de maio de 1982. Esténdese en varias parcelas: Pardecelas, O Montiño, O Catadoiro, o Monte de Roque e o Monte de Veliñas cunha superficie próxima as 40 ha. O monte veciñal de Lourizán conta un importante patrimonio arqueolóxico na súa extensión e os seus valores paisaxísticos e sociais non teñen discusión. As árbores dominantes no monte veciñal son eucaliptos e piñeiros mais nos últimos anos, iniciouse co programa MONTE VIVO, a aposta polas frondosas con plantacións de especies como carballos, carballos americanos e castiñeiros, e que continúa, pois esa é a vontade expresada pola Asemblea de comuneir@s.

Cabe destacar a aposta desta Comunidade de Montes polo patrimonio cultural da parroquia, especialmente polo patrimonio arqueolóxico, coa posta en marcha, conxuntamente coas veciñas comunidades de montes de Salcedo e San Xulián, do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, inaugurado en 2015. E é que o monte veciñal alberga a maioría dos xacementos arqueolóxicos de Lourizán: os petróglifos do Pornedo, a Pedra do Escorregadoiro e o Outeiro da Hedra, e as mámoas do Catadoiro, 1 e 2, e a dos Sete Camiños.

A Comunidade de Montes ten acondicionadas as parcelas de menor superficie como zonas de esperecemento coma o Campo da Festa do Regueiriño, no Monte de Roque, que destaca polas súa magníficas vistas da Ría de Pontevedra.