SALGUEIRAL

Datos de contacto


PRESIDENTE/A  Héctor Martínez 


DIRECCION POSTAL  36154

DIRECCION CORREO ELECTRONICO

transhectormartinez@gmail.com


SUPERFICIE  97,24 ha

Nº DE COMUNEROS 29


Na parroquia de Bora os montes veciñais dividíronse por lugares en vez de asignarse a unha única comunidade parroquial. Así, existen cinco comunidades de Montes na parroquia: Castro Lampán, Salgueiral, "Couto Branco", "Couto Valo Branco, Quinteiro e Porto Muíños" e "Lameliña e Pedreira". O monte veciñal de Salgueiral en unha superficie próxima ás 100 ha. que se estenden na contorna do lugar de habitación. É de especial interese a parcela situada na proximidade do Río Almofrei pola que se trazou unha senda fluvial conectada coa do Río Lérez e co núcleo do Salgueiral que permite a conexión peonil do lugar co núcleo urbano de Pontevedra, aínda que non sempre é posible o paso xa que cómpre atravesar o Río Almofrei por un pasal tradicional o que non sempre é posible na estación de choivas. 

A Comunidade de Montes conta cun local social construído sobre a antiga escola unitaria dotado con equipamentos de xogo e cun magnífico exemplar de Quercus suber - sobreira  ou corticeira - que se pretende declarar como árbore senlleira. O local é mais a senda do Almofrei son concebidos e xestionados como elementos de nexo co ámbito urbano e neste sentido, durante todo o ano, teñen lugar no Salgueiral actividades de educación ambiental que xiran en torno a actividade rural tradicional que aínda pervive no lugar.

Como infraestrutura de ocio, tamén o Campo da Festa está situado en terreo comunal.