CAMPAÑO

Datos de contacto


PRESIDENTE/A  Manuel Casás 


DIRECCION POSTAL  Cachapal, 28A. 36157 Campañó, Pontevedra

DIRECCION CORREO ELECTRONICO

comunidademontescampano@gmail.com



SUPERFICIE  457,9ha

Nº DE COMUNEROS  242



O monte veciñal de Campañó está situado no macizo do Castrove no que limita cos montes veciñais de Poio e constitúe o telón de fondo polo noroeste da cidade de Pontevedra. É un dos poucos montes veciñais que quedan no Concello con convenio de xestión coa Consellería do Medio Rural da xunta de Galicia, mediante o que a Comunidade de Montes delega a xestión do monte na administración forestal. 

No monte, ao que se lle da unha finalidade unicamente produtiva está poboado maioritariamente por piñeiros e eucaliptos e ten un importante problema na presenza de especies invasoras, en particular, da acacia negra (Acacia melanoxylon). 

É de destacar entre os equipamentos da Comunidade de Montes a creación dun hipódromo no lugar de Moldes no ano 2008 no que se poden celebrar probas hípicas.