MANCOMUNIDADE DE MONTES DE PONTEVEDRA

A MANCOMUNIDADE

Os montes veciñais en man común son un sinal de identidade propia da cultura do noso país que mantense no tempo grazas as vontades de moitas galegas e galegos que cada día manteñen vivas as comunidades de montes. 

Na Mancomunidade de Montes de Pontevedra queremos que os nosos montes ademais de seren un patrimonio da parroquia contribúan ao benestar de toda a cidadanía a través dos beneficios económicos, sociais e ambientais que xeran. 

Nesta páxina poderás coñecer as actividades que organizan tanto a Mancomunidade como cada unha das Comunidades de Montes que a forman.

Proxectos como o de custodia do territorio que iniciou a Mancomunidade no ano 2015 teñen o seu enlace permanente coa cidadanía nesta páxina na que iremos colgando as actuacións que se realizan para a mellora ambiental dos montes de Pontevedra. 

As comuneiras e os comuneiros poderán ter acceso aos documentos de xestión da Mancomunidade e da súa Comunidade de Montes: os seus estatutos, actas de reunión e todos aqueles que as Xuntas Reitoras queiran compartir e debater no seo da Comunidade. 

Fai as túas suxestións, comparte as túas iniciativas, indícanos os teus lugares favoritos e colga as túas fotos na web e, entre todos, faremos un rural máis dinámico e participativo, ao gusto dos que vivimos nel.

DEFINICION

A Mancomunidade de Montes Veciñais de Pontevedra é unha entidade sen ánimo de lucro que reúne a aquelas Comunidades de Montes do termo municipal de Pontevedra que se reuniron co obxectivo de xerar unha entidade de apoio e colaboración entre elas.

A Mancomunidade ten xa un bagaxe de máis de doce anos e, neste período consolidouse como entidade de referencia e apoio para as Comunidades de Montes do termo municipal integradas nela. 

De acuerdo cos estatutos da Mancomunidade de Montes Vecinales en Mano Común de Pontevedra, aprobados en asemblea constituínte na data do 7 de novembro de 1999, o obxectivo fundamental é a “defensa e mellora dos montes veciñais en man común da zona de Pontevedra nos ámbitos económico, social, cultural e ecolóxico”, estando tamén entre os obxectivos “a promoción de plans de desenvolvemento integral dos montes veciñais integrados”.

No ano 2011 realizouse unha modificación de Estatutos da Mancomunidade ratificando a súa condición de entidade sen ánimo de lucro e ampliando os seus obxectivos cara finalidades sociais e ambientais, deixando de lado os intereses económicos polos que velará cada unha das comunidades de montes de xeito individual. 

Nesta modificación de estatutos se recoñecen tamén como obxectivos da entidade, entre outros, os seguintes: 

Os Estatutos da Mancomunidade recoñecen como ámbito natural de actuación o municipio de Pontevedra aínda que se deixa aberta a posibilidade de actuación nos termos municipais adxacentes cando existan razóns que así o aconsellen. Os montes de Pontevedra coinciden fisicamente coa bacía do Río Lérez, incluído na relación de Lugares de Interese Comunitario.

 

Na imaxe pode verse a distribución dos montes veciñais de Pontevedra dentro do termo municipal así como a sua relación cos Ríos Lérez e Almofrei que constituen os cauces de evacuación das suas augas. De ahí que as actuacións a desenvolver nos montes de Pontevedra teñan unha alta repercusión sobre o espazo natural protexido e, en particular, as agresións que sofren coma son os incendios forestais e a presenza de especies invasoras.

A posición xeográfica dos montes pode darse dentro dunha horquilla de coordenadas UTM: 4692750 – 4707000 e 526375 – 536000.

Os montes veciñais atopansa maioritariamente – agas parcelas de pequema entidade, na orla montañosa que constitue o perímetro do termo municipal de Pontevedra. O acceso ós montes veciñais realizase a través de diferentes estradas da rede viaria principal dende as que parten viáis que conducen ó monte como pode verse na imaxe 1.

As cotas nas parcelas dos montes veciñais sitúanse dende prácticamente o nivel do mar nas ribeiras do río Lérez no seu tramo final – Xunqueiras do Lérez e do Cobo , hoxedeclaradas Espazo Natural de Interese Local – ata as máis altas cotas do termo municipal no monte de Santa María de Xeve con 537 m. s.n.m.

Supon no seu conxunto un total de 2086,08 hectáreas de monte repartidas en parcelas de tamaño moivarible e inmersas nun mosaico de propiedades forestais particulares e en contacto cos núcleos rurais.

PROXECTO DE ORDENACION 2001

O primeiro proxecto de envergadura desenvolvido pola Mancomunidade de Pontevedra sen dúbida foi o proxecto de ordenación daquelas comunidades que formando parte da Mancomunidade tiñan pleno dominio do seu monte.

Dende entón, a Mancomunidade serviu como órgano de gobernanza das comunidades de montes do municipio e interlocución coas autoridades locais. A mancomunidade ofrece ás comunidades de montes servizos mancomunados de asistencia técnica, asistencia legal e seguro de responsabilidade civil.

Monte Vivo: proxecto de restauración dos montes de Pontevedra

Por mor dos incendios que arrasaron Pontevedra no ano 2006, o Concello de Pontevedra aprobou unha liña de axudas para a restauración forestal á que concorreron as comunidades de Montes. Nesta ocasión a Mancomunidade encargouse do proceso de Contratación conxunta das obras para realizar con obxecto de conseguir mellores condicións de contratación.

Xornadas sobre os montes de Pontevedra. 2010. A Mancomunidade de Montes de Pontevedra conseguiu a colaboración do Concello de Pontevedra para a organización das I Xornadas de Montes Veciñais de Pontevedra que se desenvolveron no mes de xuño. Froito maduro daquelas xornadas nas que se presentaron diversas iniciativas de custodia do territorio é o proxecto que agora se solicita.

Plan de Prevención de Incendios Forestais 2011. A Mancomunidade de Montes actúa como aglutinante de todas as comunidades de montes que a integran na solicitude de actuacións de prevención e defensa contra incendios forestais como tarefas de apertura e mantemento de áreas de defensa e fajas de seguridade e depósitos de auga.

Plan de prevención de Incendios Forestais 2012. Novamente este ano, a Mancomunidade serviu de nexo común para a planificación conxunta de actuacións de prevención para cuxa execución se solicita subvención á Xunta de Galicia no marco dunha convocatoria de axudas públicas con tal fin.

Primeira Revisión do Proxecto de Ordenación dous Montes veciñais de Pontevedra. 2013.
A Mancomunidade desenvolveu a revisión do proxecto de ordenación de Montes.

Creación dunha entidade de custodia: montes de Pontevedra.

OBXECTIVOS

A Mancomunidade de Montes de Pontevedra ten entre os seus obxectivos contribuir a manter o espazo rural como un medio vivo e atractivo para vivir e traballar nel, especialmente a partir da promoción do aproveitamento dos seus recursos tanto forestais como agrarios. 

Mentres tanto, coa mira posta en atender aos espazos abandoados ou mal mantidos e os problamas que xeran mo mundo rural especialmente sensibles a lumes e proliferación de especies invasoras, a Mancomunidade de Montes decidiu constituírse como entidade de custodia do territorio. 

Se queres saber máis das entidades de custodia do territorio fai click aquí.

Con esta finalidade a Mancomunidade redactou un Plan de viabilidad e Plan de acción como entidade de custodia con especial referencia a resultados esperados que van dende acción concretas no medio ao desenvolvemento de actividades de divulgación, concienciación e difusión de boas prácticas. 

As actuacións a realizar teñen como finalidade o aproveitamento dos recursos do medio rural dende o punto de vista da sostibilidade e a xestión forestal sostible considerando que será un punto de partida para a restauración ambiental do territorio e invertir a tendencia de abandono do medio rural así como dirixir aos que volven ao medio rural en medio da crise económica, cara unha correcta xestión dos recursos ambientais, agrícolas e forestais. 

Este obxectivo final vaise lograr a través dos siguientes obxectivos operativos: 

 

O rural de Pontevedra conserva elementos clave da nosa identidade, costumes e actividades tradicionais. Tanto a nivel material coma inmaterial, tanto o patrimonio cultural coma o natural todos os elementos da nosa cultura dende hai máis de 5000 anos ata aquí teñen cabida nesta páxina que pretende espertar inquedanzas por coñecer o noso medio . Achégate a coñecer os elementos do patrimonio local.